Aniversario

Noticias 

Activate a emprender

16/09/2018 | Galicia

No presente ano 2018, CIMO está a executar o Proxecto ACTÍVATE PARA EMPRENDER, un proxecto destinado a mozos e mozas menores de 35 anos, que contemplen o emprendemento como unha opción de futuro.

O Proxecto ACTÍVATE PARA EMPRENDER é unha iniciativa de CIMO, que ten como finalidade detectar as diferentes fontes xeradoras de ideas empresariais e ofrecer ferramentas para axudar a avalialas, así como achegar aos mozos e mozas cada un dos pasos necesarios para transformar unha idea nun proxecto de empresa.

O devandito programa desenvólvese co apoio da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social - Xunta de Galicia.

 

Archivada en:
El Problema Social > Centros de Atención y Rehabilitación > CIMO Ourense